
A falta de subministración eléctrica impediu tratar os caudais con normalidade e obriga ao Gobierno galego a emitir esta advertencia
29 abr 2025 . Actualizado á 19:26 h.A Xunta de Galicia recomenda non bañarse nas praias e nos ríos da comunidade durante as próximas 24 horas. A advertencia emitiuna o Goberno galego a través da rede social X, onde explicaba, pasadas as 17.30 horas, que «a falta de subministración eléctrica provocou que parte dos caudais non puideran ser tratados con normalidade».
En Vigo, a recomendación lanzábaa na mañá deste martes o alcalde, Abel Caballero. Aínda que as depuradoras da cidade funcionan «con normalidade», o rexedor da cidade olívica explicaba que se produciron «algunhas verteduras» desde unha das estacións. Por iso, «o baño non está recomendado no mar ata que fagamos un seguinte aviso», asegurou. Na praia de Samil, varios sinais advirten aos bañistas.