O 19 de marzo, o 24 de xuño e o 25 de xullo serán festivos en Galicia no 2026

Xosé Vázquez Gago
Xosé Gago SANTIAGO

GALICIA

Hogueras de San Xoán en Ferrol
Fogueiras de San Xoán en Ferrol CESAR TOIMIL

A Xunta elixiu San José, San Xoán e Santiago Apóstol, xa que as Letras Galegas, Todos os Santos e o Día da Constitución caen a domingo

21 abr 2025 . Actualizado á 14:50 h.

O 19 de marzo, San José; o 24 de xuño, San Xoán, e o 25 de xullo, Santiago Apóstol, serán os festivos do 2026 a decisión da Xunta, que hoxe luns aprobou o calendario laboral do próximo ano.

As datas foron anunciadas polo presidente, Alfonso Rueda , despois do Consello da Xunta no que se fixaron os días de festa. O acordo será agora trasladado ao Consello Galego de Relacións Laborais, que salvo sorpresa daralle o visto e prace.

Este ano, o Goberno galego optou por facer festivo o 17 de maio, Día das Letras Galegas, pero no 2026 coincide en domingo. Ademais coinciden en domingo outros dous festivos nacionais, o 1 de novembro, Todos os Santos, e o 6 de decembro, Día da Constitución, o que facilitou que a Xunta elixise outras datas.