
O central do Arousa non ten tempo estimado de regreso aos campos
12 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O central catalán do Arousa, Tafa Kanteh, foi intervido onte da súa lesión de xeonllo no Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra. O tempo de baixa estará determinado pola súa evolución, informa o club. O ano pasado, cunha lesión en febreiro do mesmo tipo e idéntica articulación xa mancada varias veces antes de xogar no Arousa, Tafa non regresou aos terreos de xogo antes do final da Liga, polo que semella difícil volver a velo en acción antes da segunda volta.