O PSV confirma a compra de Angeliño Tasende ao City

La Voz

FUTBOL GALEGO

Nac Breda V Vitesse

O conxunto holandés pagou preto de 7 millóns de euros polo lateral de Coristanco

15 jun 2018 . Actualizado ás 23:05 h.

O PSV anunciou onte a adquisición dos dereitos do futbolista galego Anxo Tasende, que pertencía ao Manchester City. O lateral esquerdo fora designado como o mellor xogador na súa posición na última tempada da liga holandesa, que pasou cedido polo conxunto inglés no NAC Breda.

O club campión da Eredivise realizara unha oferta que se achegaba aos sete millóns de euros (contando incentivos) para facerse cos servizos do carrilero, de só 21 anos. A operación, desvelada fai quince días por La Voz de Galicia, callou finalmente e o futbolista nado en Coristanco defenderá ao conxunto de Eindhoven as próximas cinco tempadas.