Esther Estévez, Noemí García, Andy Chichester, Prado Rúa e Dani Fontán son algúns dos «influencers» que animan a botar a lingua con naturalidade en redes sociais
02 nov 2025 . Actualizado á 19:07 h.Ou peor galego é o que non se fala. Dígocho eu!, e dígocho despois de oírllo á xornalista Esther Estévez (Verín, 1997), presentadora do programa Dígocho eu, que leva xa cinco anos corrixindo erros e resolvendo a mar de dúbidas sobre o galego con vídeos curtos que comezaron a emitirse na TVG e seguen a gañar «alumnos» a moreas en redes como TikTok, Facebook e Twitch. Esta escola lingüística sen exames con consecuencias fatais advírtenos, por exemplo, que en galego non collemos xamais «carrerilla», senón que para pegar un salto o que necesitamos é pulo; as laranxas non teñen «xugo» nin «jugo», senón zume. E, como di Esther, o bocadillo pódese morder nesta lingua coma noutras, pero non se lle dá un «mordisco», o que se fai é meterlle unha «dentada». Máis de 328.000 seguidores ten en TikTok o Dígocho eu. Para comezar a sacar a lingua con Esther hai que partir desa máxima: «O peor galego é o que non se fala», e despois ter en conta os signos que utiliza para marcar a palabra incorrecta(*), a palabra non recomendada (^), a palabra «conflitiva»(!) e os estranxeirismos (º).
Dígocho eu foi un referente para outras propostas que lle dan pulo o idioma aproveitando o alcance da rede. Entre elas, as tres que puxo en marcha a filóloga e profesora Noemí García.
As chaves dá lingua
Ounde están as chaves do futuro da lingua? No fondo do mar vitual, no que hai xentiña facendo cousas xeitosas para non que se dean por perdidas no naufraxio. Entre as iniciativas que reverten a perda de falantes que sinalan os últimos datos publicados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) están estas Chaves dá lingua, coas que Noemí convida a aprender «galego sen morreres no intento». Con estas chaves podes abrir a porta cara ao uso dos pronomes posesivos en galego, cando hai que usar te e che ou cales son os 250 máis cometidos nesta lingua. «Un exemplo é cruzamento, que en galego é cruzamento», advirte esta profe, que é a nosa Media laranxa para aprender galego na cociña. Receitas de todos tipos e sabores atopan en Media laranxa os que son de bo dente para o léxico. Neste proxecto en liña, que sabe a xogo doce, amais de aprender a facer «croissants supreme», empanadas, pizzas e caldos, tes un dicionario para saber que son mamelas, arandos, e que o mango é, en galego, manga (sen vir de Xapón).
«A cociña está para comermos a lingua!», receita Noemí, que non ten ningún problema co galenglish. De feito, os hai boas vibes no seu Dicionario galego para boomers. Nel podemos consultar qué significa poñer vos cachos ou facer un sempa. Ou saber que o cringe que din os adolescentes en galego vén ser terrexío ou a vergoña allea.
Curruncho galego
Entre as contas que teñen o de espallar o uso do galego como obxectivo inclúese un Curruncho galego cheo de cultura, vocabulario, lingua e literatura que che dá unha listaxe de palabras que máis presta coñecer en galego (axexar, carambelo, estoxo, rebulir, zoupar, avougar...). Tamén vos nosos trasnos máis mitolóxicos teñen cabida neste recanto virtual que leva Lucía García e que medra non TikTok ensinando vos nomes dás emocións e dás profesións en galego ou as diferentes partes do libro. Que personaxe de Shin-Chan é polo teu signo do zodíaco? Mira a ver en Curruncho galego!
Deste cornecho da nosa cultura en redes deunos aviso Dani Fontán, profe que creou hai tres anos Galician with Dani, vendo o baleiro que había nisto de utilizar o inglés para ensinar o galego. «Learn Galician language & culture with me!» é a súa suxestión. É aconsellable seguilo para saber «why learn galician?» sen deixar de lado a importancia do inglés. «Galego e inglés son as dúas linguas universais», di. «Eu comecei nas redes porque sentín o baleiro de todo un sector potencial de neofalalantes», conta Dani, que viviu en EE.UU., Finlandia, Italia e República Checa. Vivir fóra foi o que espertou nel a necesidade de explicar Galicia e a realidade plurilingüística de España.
Galician with Dani
Seguidor do Dígocho eu, de As chaves dá lingua, Media laranxa e de Curruncho galego, entre outros espazos de redeiros que moven a falar este idioma, Dani adoita presentarse aos «alumnos» cun «boas, xentiña!» e entre os seus últimos contidos en Instagram comparte un anaco da historia do Halloween e o Samaín, algunhas «autumn words» que sorprenden (esquío é squirrel; en castelán, esquío) ou falsos amigos entre o galego e o finlandés. E isto por que? Porque se lembra Dani «con moito agarimo» da súa estadía en Finlandia durante esta época do ano. Podedes imaxinar como sería ter Wednesday dobrada ao galego? Dani si, el á rapaza que interpreta Jenna Ortega descríbea con adxectivos coma arteira (cunning), tebrosa (somber, mysterious) e sinistra (sinister).
De @chibarinclub a Prado Rúa
Ao volante do coche, convida dende hai cinco anos a aprender a lingua con xeito un «ianque con alma galega» que anda no Instagram para practicar o galego, facendo empanadas, bebendo Estrella e dicindo máis meu! que bro. Andy Chichester, @Chibarinclub en X, reside preto de Nova York, é licenciado en español, e é un neofalante autodidacta que traballa con orgullo na rede para dominar esta lingua, que non dialecto! «Moléstame que os españois digan que o galego é un dialecto. Como un dialecto? Un dialecto non ten literatura, esta historia e unha cultura tan rica», afirmou Andy, premiado na derradeira edición do festival Carballo Interplay, nunha entrevista neste xornal.
Se Dani e Andy son neofalantes, entre os paleofalantes (galegofalantes de sempre) racha a pana en TikTok Prado Rúa revelando cales foron os presidentes arxentinos con ascendencia galega, que significa cazolear ou como viaxar á prehistoria en Galicia. Vos seus test de cultura e as palabras galegas que lle gustaría que se empregasen son dous clásicos desta creadora de contidos e falantes en galego.