Un heroico Breogán tomba ao Madrid (83-78)

A. DAVILA

FORZA BREO

Ramón Leiro

Os lucenses eliminaron ao equipo de Sergio Scariolo e cítanse co Valencia na final do EncestaRias despois de forzar a prórroga

20 sep 2025 . Actualizado á 00:05 h.

Victoria de quilates del Río Breogán no seu encontro do Torneo EncestaRías. Os de Luis Casimiro foron capaces de forzar a prórroga tras todo un partido por detrás no marcador para meterse na final do torneo de pretemporada (83-78). Este resultado leva aos breoganistas ao partido polo título contra o Valencia, mentres que o Real Madrid confórmase co duelo polo terceiro posto no que terán ao Baskonia como opoñente.

Nada hacíaa presaxiar un final así tras ver a irresistible entrada ao partido do Real Madrid, que entrou no encontro xa marcando territorio cun bloqueo desde o salto para que Tavares inaugurase o electrónico. Tras isto, dúas transicións rápidas e Kramer e Llull ensinaron o seu dominio exterior con senllos triplos que puñan o 0-8 no marcador nun dicir amén.

Os de Scariolo non viñan de paseo, mostrando intensidade defensiva e acerto en ataque nos primeiros compases do encontro e obrigando ao Breogán a apertar os dentes xa no primeiro cuarto para que non lle ocorrese na súa semifinal o mesmo que minutos antes pasáballe a Baskonia ante o Valencia.

Pero fixérono, os lucenses recuperaron a desvantaxe e foron capaces de sobreporse a ese 1-10 de parcial de arranque para, a través do rebote facerse fortes e recuperar a desvantaxe unha vez o Real Madrid acougou esa tempestade inicial. Aranitovic, con dous triplos no primeiro cuarto, liderou esa reacción breoganista para irse -5 ao final do primeiro período (16-21).

Os brancos, deron un paso adiante en e segundo cuarto. O equipo de Scariolo finalizaba desde fóra con Llull e Okeke, pero ameazaba tamén por dentro grazas ao traballo tanto de Tavares como dun Trey Lyles que promete ser un das grandes fichaxes do verán en Madrid. Ao Breogán custáballe atopar claridade preto do aro e os problemas para sumar eran castigados no outro lado da pista por un rival que puxo máis terra polo medio ao descanso (29-41).

Tras o paso por vestiarios o guion do partido non trouxo cambios. Os de Scariolo regresaron con potencia ao partido e tras un parcial de 2-9 seguiron aumentando a súa vantaxe para irse case ata os vinte puntos de marxe e obrigar a Luis Casimiro a deter o refacho cun tempo morto antes de que fose tarde.

Pero os brancos, que contaban coas baixas en Pontevedra de Mario Hezonja e Maledon, deron ás ao Breo nun último cuarto no que os de Lugo foron netamente superiores, acertando desde longa distancia e estando áxiles no roubo para castigar ao contragolpe.

Así, e a pesar de ir a remolque durante todo o choque, os de Luis Casimiro conseguiron meter o medo no corpo aos madrileños, chegando a porse a dous puntos á falta de minuto e medio (65-67). Tivo que parar o partido Scariolo con tempo morto, pero na continuación Cook empatou o encontro e o pavillón pontevedrés demostrou ser breoganista.

Coas bancadas enardecidas, o Breo seguiu empurrando e incluso se puido levar o partido cun 2+1 de Roberts, pero o seu erro desde o tiro libre levou o partido á prórroga. E no tempo engadido, a pesar do acerto de pesos Campazzo e Okeke, o Breogán ensinou os cabeiros. Un triplo definitivo de Kurucs, sumado ao acerto desde o tiro libre de Cook deron o partido ao Breogán. Intentouno o Real Madrid á desesperada nun último intento de triplo de Kramer, pero o seu lanzamento quedou curto.

BREOGÁN: Cook (13), Rusell (6), Alonso (6), Brankovic (11) e Dreznjak (4) -quinteto titular- Apic (4), Aranitovic (15), Sakho (2), Quintela (3), Cvetkovi (6), Kurucs e Dibba.

REAL MADRID: Campazzo (7), Llull (8), Kramer (5), Okeke (14) e Tavares (6) -quinteto titular- Almansa, Lyles (14), Feliz (5), Garuba (7), Fernando (2), Sergi García (4), Procida (7).

MARCADOR POR CUARTOS: 16-21; 13-20 (29-41); 14-15 (43-56); 26-13 (69-69) e 14-9 (83-78).

ÁRBITROS: Martín Caballero, Iyán González e Guillermo Ríos. Eliminado o broganista Sakho por faltas.

INCIDENCIAS: Pavillón Municpal de Pontevedra. Antes unhas 1500 persoas no X Torneo EncestaRías