Por sempre agradecido

Rubén Portes

FORZA BREO

01 jun 2023 . Actualizado á 19:49 h.

Non me estenderei moito, pois ás veces as palabras non expresan a totalidade do que un sente. Esta é unha delas porque grazas é o normal, o que debo de dicir cando club me dá tanto como fixo o Río Breogán. Así que me limitarei a dicir que por moito que chegase a pensar en como me podía ir cando chegase a Lugo nesa viaxe en coche desde Madrid co que iniciaba esta aventura, nunca chegase a acertar o que viría despois de que o que agora é un amigo recibíseme na porta do Pazo en outubro do 2020.

Tres tempada cheas de emocións, de éxitos deportivos, de xente que me recibiu coma se fóra da súa familia, de traballo para un club que me tratado de xeito inmellorable e deume todo o que puiden necesitar para realizar o meu traballo con garantías, de compañeiros de traballo que quedarán xa na miña vida como amigos e cos que traballar foi un verdadeiro pracer. Non podería estar máis orgulloso da decisión que tomei cando vin a esta cidade e do tempo que nela pasei.

Agora é tempo de dicir ata pronto, pois unha vez finalice o meu contrato co club, outro compañeiro ou compañeira virá para seguir axudando ao club para crecer e a afianzar este proxecto tan bonito na elite. Dei todo o que tiña, non me gardei nada. Seguro que non sempre acertaría, pero agardo que sexan máis os acertos que os erros os que deixo detrás de min. Así que si, grazas infinitas a todos os que fixestes esta viaxe posible para min e a miña familia. O meu fillo xa me pregunta; «papá, cando volvemos a Lugo», e eu claramente contéstolle: «pronto fillo, pronto».

Sempre voso e por sempre agradecido.

Rubén Portes foi preparador físico do Breogán as tres últimas tempadas