Aprobada a construción de beirarrúas de Perbes a Campolongo, en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

CEDIDA

A Deputación financia a obra, por 333.261 euros

17 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O proxecto para a construción de beirarrúas na estrada DP-4802, que conecta Campolongo (Pontedeume) con Perbes (Miño), foi aprobado por unanimidade no pleno da Deputación da Coruña.

A Administración provincial custeará esta actuación, orzada en 333.261 euros, cun prazo de execución de cinco meses. Abarca uns 700 metros de senda peonil, de dous metros de ancho, pola marxe dereita da vía.

«Cumprimos outra vella demanda veciñal, garantindo a seguridade dos veciños», remarcou o alcalde eumés e deputado provincial, Bernardo Fernández.