Eliminados dous puntos de verteduras de augas residuais en Pontedeume
PONTEDEUME

Afectaron ao Rego do Outeiro, en Ombre
05 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.A través de Augas de Galicia, a Consellería de Medio Ambiente contribuíu á eliminación recentemente de dous puntos de vertedura de augas residuais que afectaban a un regato en Pontedeume. En concreto, prexudicaban ao curso fluvial do Rego de Outeiro, na parroquia de Ombre. Un das achegas contaminantes procedía da planta de depuración en Chao de Ombre, e outro do aliviadoiro da rede de saneamento nesta zona.
Persoal de control de verteduras detectou as incidencias na campaña de revisión da rede fluvial. Técnicos de Augas de Galicia contactaron co Concello, concluíndo «que a orixe do problema era o mal funcionamento das bombas de impulsión que conducen as augas residuais brutas cara á planta de tratamento de Chao de Ombre».
Ao final instaláronse novas bombas de impulsión para o saneamento.