Saídas de vía e colisións leves nunha xornada de sábado con moito tráfico

ORTIGUEIRA

GOOGLE MAPS

O contratempo máis grave produciuse na coñecida como curva de Fontá en Ortigueira

05 ene 2019 . Actualizado ás 05:20 h.

A xornada previa á madrugada de Reyes, como é habitual, rexistrou un gran volume de tráfico na comarca, o que provocou un maior número de incidencias. A máis graves produciuse en Ortigueira, entre as parroquias de Senra e San Claudio -na curva de Fontá-, onde se saíu un vehículo da vía. Resultaron feridos o condutor e o seu acompañante, unha muller de 56 anos que tivo que se trasladada, con dor no pescozo, as costas e os ombros, ao hospital Arquitecto Marcide.

Mentres, en Ferrol houbo tres choques, todas entre dous vehículos, na contorna comercial da Gándara. A primeira produciuse sobre as 12.30 horas na rotonda que une o polígono con Caranza e precisou asistencia unha muller, con dor no pescozo e as costas, que foi levada ao Juan Cardona. A seguinte, ao redor das 14.00 horas, produciuse na glorieta de Alcampo e o resultado foi de danos materiais. Mentres, xa pola tarde, rexistrouse un terceiro choque na rotonda de Basanta, onde un condutor, algo dolorido, optou por ir ao hospital, sen necesidade de ambulancia, para unha observación.