Neda despide o programa «Miúdo Verán»

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Concello de Neda
Concello de Neda JOSE PARDO

A compaña «Sempre arriba» porá o broche de ouro á edición do 2026 co seu espectáculo «Hoxe, se!»

26 ago 2026 . Actualizado á 05:00 h.

Neda despedirá, mañá xoves, Miúdo verán, o proxecto cultural e de lecer con espectáculos ao aire libre que programa cada ano en distintas localizacións do municipio. A compaña Sempre arriba porá o broche de ouro á edición do 2026 co seu espectáculo Hoxe, se!, que combina acrobacias e humor. Será este xoves ás 20.30 horas nOs Subarreiros. En caso de choiva, a actividade trasladaríase ao pavillón do IES Fernando Esquío —do que se daría conta na mesma xornada—.

O ciclo municipal contou nesta última edición do programa co apoio da Xunta, a través do AGADIC, no marco das accións para dinamizar as localidades polas que transcorren as diferentes rutas xacobeas.