Últimos días para presentar candidaturas aos premios da décima edición do Ferrolterra Emprende
FERROL / LA VOZ
NARÓN

Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro domingo, 5 de outubro
02 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.Un ano máis, a Asociación de Mozos Empresarios (AJE), a cuxo fronte se atopa Yadira Tenreiro, convoca o concurso Ferrolterra Emprende, que este ano acada xa a súa décimo edición. A gala de entrega dos premios terá lugar o próximo 10 de outubro en Narón. E os interesados en presentar os seus proxectos empresariais teñen de prazo ata o vindeiro domingo, 5 de outubro, ás 23.59 horas. A organización irá anunciado a partir do día 6 as candidaturas que optan aos premios. Máis información en info@ajeferrolterra.org ou no 634 164 508.