Aneiros lembra aos concellos que teñen ata o 8 de febreiro para as axudas para os CIM

La Voz FERROL / LA VOZ

MUGARDOS

cedida

Mantivo este martes un encontro co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus

11 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, mantivo este martes un encontro co alcalde de Mugardos , Juan Domingo de Deus, ao que informou da recente convocatoria de axudas a entidades locais para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero para financiar o mantemento dos Centros de Información á Muller (CIM), e para programas de fomento da conciliación e corresponsabilidade.

A convocatoria, que conta cun orzamento próximo aos once millóns de euros, está dirixida aos concellos, consorcios ou mancomunidades, que terán de prazo ata o próximo 8 de febreiro para presentar as súas solicitudes.

Segundo puntualizou Aneiros, a convocatoria conta con tres liñas de financiamento.

Por outra banda, esta orde da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inclúe axudas para a posta en marcha de accións para a promoción de igualdade e prevención do tratamento da violencia de xénero. Neste caso, os concellos poden recibir un máximo de 15.000 euros no caso das solicitudes individuais e d 28.000 euros se o programa é compartido entre varios municipios.

A segunda liña de axudas está destinada a financiar o labor dos CIM que, como destacou a delegada, «son un recurso de proximidade».