Os cen anos de Severa Rego Martínez, veciña de Ribeiras do Sor: «Ía andando ás feiras a Viveiro»

A. C. MAÑÓN / LA VOZ

MAÑÓN

<span lang= gl >Severa, onde, coa tarta que lle levaron do Concello de Mañón (á esquerda, o alcalde)</span>
Severa, onde, coa tarta que lle levaron do Concello de Mañón (á esquerda, o alcalde) CEDIDA

De nova aprendeu a coser, logo montou un taller na súa casa e acabou cunha tenda na que «había de case todo»

05 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Severa Rego Martínez cumpriu onte cen anos aínda que, véndoa e escoitándoa, ninguén llos botaría. Naceu no lugar de Folgoso, en Ribeiras do Sor, e desde 1958 vive na Venta, na mesma parroquia do concello de Mañón. Aprendeu a coser con Josefa, unha modista de Loiba (Ortigueira), e logo montou o seu taller na casa.

«De coser nunca deixei, pero despois tiven unha tenda [en parte do baixo da vivenda]. Tiña case de todo, menos calzado», lembraba onte. De nova, recordaba que ía andando ás feiras a Viveiro. E tamén ía ás festas: «A todas [risas], o San Xulián de Loiba, o San Pedro de Bares...». Daquela había máis poboación e máis xente nova.

Severa celebrou o centenario co fillo, a nora, as netas e outros familiares e amizades. «A festa foi moi bonita, houbo de todo, viñeron as miñas netas...», comentaba, moi contenta. Tamén recibiu «moitos regalos».

E a visita do alcalde, Alfredo Dovale, as dúas traballadoras sociais, Natividad Rubido e Laura Arrizado, e unha auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que a agasallaron cunha tarta. Severa conta que, ata hai pouco, facía sopas de letras, e agora gústalle ver a televisión.