Lentes de última xeración con cámara de vídeo e audio en Ópticas Noroeste

FERROL CIUDAD

I. VALERIO

A firma abriu o seu sétimo establecemento na comarca

15 jun 2024 . Actualizado á 09:56 h.

Na rúa Cataluña de Narón abriu as súas portas o sétimo establecemento de Ópticas Noroeste na comarca. Fronte a Odeón, o número 27 desa rúa acolleu este venres o acto de inauguración. Alí os asistentes puideron coñecer non só as novas instalacións, tamén as últimas novidades en modelos de lentes. A cargo deste novo establecemento están Elena Yáñez e Cristina Leiro, ópticas optometristas que levan anos formando parte do equipo de Ópticas Noroeste. Onda elas está Fernando González, que se incorporou como asesor comercial. A nova óptica conta coa máis avanzada tecnoloxía ao servizo dos clientes e cunha ampla variedade de marcas e modelos de lentes tanto para lentes graduadas como de sol. O director de vendas de Ópticas Noroeste, José Luis Fernández-Portal, presentou a colección máis tecnolóxica do momento as Ray-Ban Meta Smart Glasses, dotadas de cámara de vídeo, foto e audio con Bluetooth, é dicir unhas monturas que contan con toda a tecnoloxía que fai que a cámara do teléfono e os auriculares inalámbricos, cunha calidade de imaxe e son sorprendente, formen parte da montura inspirada nas míticas Wayfarer de Ray-Ban. Celebrando a apertura, ata fin de mes, ofrecen descontos de ata o 50%.