A cabeza de lista do BNG pola Coruña visita Ferrol Lanuxe

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

CESAR QUIAN

Mercedes Queixas abordará as propostas para recuperar a casa de Carvalho Calero

14 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Tras o encontro aberto en Canido celebrado onte, no que o BNG destacou a educación pública como a súa prioridade, a formación nacionalista programa para as once da mañá de hoxe unha visita o Ferrol Lanuxe. Alí, a cabeza de lista pola provincia, Mercedes Queixas, avaliará as propostas do seu partido para recuperar a casa de Carvalho Calero. Pola tarde, o local social da Gándara, en Narón, acollerá un acto sectorial sobre saúde mental. E ás 20.30 horas, haberá un acto público no centro cívico dá Garita, nAs Somozas.