O profesor Marcos Míguez, novo director do Campus Industrial

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

UDC

O docente da Politécnica substitúe no cargo a Ana Ares, que desde o día 16 é a nova vicerreitora de Ferrol e Responsabilidade Social

23 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Marcos Míguez González, profesor da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (EPEF), acaba de ser nomeado novo director do Campus Industrial de Ferrol, en substitución de Ana Ares Pernas, quen desde o pasado 16 de xaneiro ocupa o cargo de vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.

Marcos Míguez González (A Coruña, 1981) é doutor en Enxeñería Naval e Oceánica pola UDC. Entre os anos 2017 e 2020 coordinou o grao de Enxeñería Naval e Oceánica e desde o 2020 dirixe o máster Erasmus Mundus en Sustentabilidade e Industria 4.0 Aplicada ao Sector Marítimo, unha titulación internacional financiada pola Comisión Europea e impartida a tres bandas pola UDC, a Universidade de Nápoles Federico II (Italia) e a Universidade de Zagreb (Croacia).

Ademais de dar clases na EPEF, Míguez González é investigador do Grupo Integrado de Enxeñería e o seu ámbito de traballo céntrase nos estudos sobre estabilidade e comportamento do buque. Desde a UDC destacan a súa contribución para a posta en marcha canle de ensaios hidrodinámicos situado no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI).