Gran despregamento policial e un detido nunha pelexa nocturna no barrio de Ultramar

FERROL CIDADE

cedida

Os veciños víronse sobresaltados polo batifondo e os berros ás catro da madrugada

28 abr 2022 . Actualizado ás 18:16 h.

Os veciños do barrio de Ultramar víronse sobresaltados por mor dunha liorta na rúa que motivou un gran despregamento policial ao redor das catro da madrugada de onte.

Ao lugar dos feitos acudiron varias patrullas da brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría de Ferrol-Narón, que contaron co apoio de efectivos da Policía Local, e procedeuse á detención dun home que, supostamente, agrediu a outras persoas que resultaron lesionadas. Detívoselle como presunto autor dun delito de atentado a axentes da autoridade policial e foi trasladado ás dependencias da Comisaría.