O pequeno león

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

O concesionario ferrolán de Peugeot presenta o novo 208

21 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hai só uns días o concesionario Peugeot en Ferrol, Manuel Rey conta na súa exposición co seu último lanzamento. O novo 208 estrea deseño e posibilidades de configuración. Dotado da máis avanzada tecnoloxía e tomando as liñas de familia do resto da gama, a evolución do lendario Peugeot 205 dos anos 80, ofrece agora unha versión cento por cento eléctrica, a maiores dos seus eficientes motores de combustión tanto en gasolina, como diésel. CarlosGonzález , o xerente do concesionario ferrolán, augura un éxito notable para a versión puramente eléctrica, dado que conta cunha autonomía de 340 quilómetros e necesitará só 30 minutos para recuperar o 80% da carga total. Desenvolve unha potencia de 136 cabalos, máis que suficientes para movelo no día a día.