Medallas nacionais en remoergómetro para Malena Varro e Iván Sedes

Á. A. FERROL

FERROL CIDADE

CEDIDA

A do San Felipe logrou o bronce, mentres o do Cedeira colgouse a prata

27 ene 2018 . Actualizado ás 17:19 h.

Os clubs da comarca cultivaron dous metais e un cuarto posto no Campionato de España de remoergómetro, que se celebrou este sábado en Ribadumia. Malena Varro (San Felipe ) e Iván Sedes (Cedeira) foron bronce e prata, mentres Raúl López (Cedeira) rozou o podio.

Barro, un diamante en bruto, sobresaíu entre as 35 competidoras da categoría cadete. Superou por case dous segundos á seguinte clasificada e subiu ao terceiro caixón coa bandeira do seu club. Na mesma proba, Noa Trigo (Cedeira) acabou novena.

Na mesma franxa de idade, pero no apartado masculino, a López sobráronlle dúas escasas centésimas para meterse no podio, mentres Borja Souto (Ares) concluíu sétimo.

Pola súa banda, Sedes quedou a só 4 centésimas do ouro en adaptado intelectual, na que participaron sete deportistas. Colgouse unha prezada prata.

Noutras categorías con representación local, Joaquín Montero (Cedeira) acabou noveno en absoluto; Pablo Vázquez e Álvaro Barros, ambos os do San Felipe , foron 11.º e 16.º en xuvenil; e Marcos Pena, 22.º en peso lixeiro.

Castrelo de Miño acolle este domingo o Nacional de longa distancia con 19 remeiros de clubs da comarca.