Sanidade dá por pechado o episodio de contaminación da praia da Magdalena, en Cedeira

LA VOZ CEDEIRA

CEDEIRA

I. F.

O Concello retira o cartel que desaconsellaba o baño desde hai unha semana

13 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A analítica realizada con mostras tomadas o día 9 na praia da Magdalena, en Cedeira, indica que os niveis de «esterococos» intestinais son aceptables.

A Consellería de Sanidade dá por concluído o episodio de contaminación na auga do areal da Magdalena, que se detectou a primeira semana de setembro.

E o Concello de Cedeira retira a recomendación de non bañarse, da que informou con carteis na praia e por outros medios desde hai unha semana.