O primeiro tenente de alcalde de Cedeira, Xosé Antón Arribe, deixa a corporación municipal
CEDEIRA

O alcalde cedeirense, o socialista Pablo Diego Moreda Gil, agradeceu onte publicamente a Xosé Antón Arribe «ou seu traballo a prol de Cedeira»
29 jul 2025 . Actualizado á 00:05 h.O primeiro tenente de alcalde de Cedeira, Xosé Antón Arribe (BNG), deixa a corporación municipal. Mañá, mércores, ás 20 horas, o pleno do Concello cedeirense abordará, como principal asunto dos incluídos na orde de día da sesión a renuncia, «por motivos particulares», de quen ata o de agora era, ademais de primeiro tenente de alcalde, concelleiro responsable das áreas de Cultura, Patrimonio e Deportes.
O alcalde cedeirense, o socialista Pablo Diego Moreda Gil, agradeceu onte publicamente a Xosé Antón Arribe «o seu traballo a prol de Cedeira, así como o seu espírito de colaboración e afán construtivo dentro da coalición que forman PSOE e BNG». Desde o grupo de goberno cedeirense lémbrase, ademais, que «ambas formacións [socialistas y nacionalistas], coa persoa que na seguinte sesion plenaria entre, por parte do BNG, a ocupar o lugar que deixa Xosé Antón Arribe, garanten a estabilidade da coalición e o seu compromiso de seguir traballando, coa mesma dinámica, para mellorar a calidade de vida da poboación de Cedeira e o seu desenvolvemento sostible».