
Catro mozos de distintas disciplinas organizan o ciclo
14 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.O segundo ciclo CedeCiencia, charlas sobre ciencia e cultura en Cedeira, arrincou o 4 de xullo con Daniel Iglesias e o Erasmus, e seguirá este sábado, día 19, con Elena Gamaza, coa charla Por que cústanos tanto saciarnos?, e Alicia Freire, que falará da imaxinación e a palabra no cine e a literatura. Será no Sonreiras Café & Bar, ás 20.00 horas.
O 2 de agosto, Juan Rodríguez abordará o ADN do mamut, en tres dimensións, e Martina Beceiro, a arxila como base dos procesos cerámicos, no Museo Mares de Cedeira (12.00 horas); e o 9 será a quenda de Ana Rubido, coa conferencia «Intraemprendemento público para hackear o sistema desde dentro dun ministerio», e Santiago Rodríguez, que se referirá ás constelacións de pequenos satélites. Será no chiringuito da Madalena, ás oito da tarde.
David Vilela, doutor en enxeñería industrial; Sara Abuín, psicóloga integrativa e musicoterapeuta; Juan Antonio Rodríguez, doutor en bioloxía evolutiva; e Sergio Muíño, doutor internacional en turismo e emprendedor neste campo, organizan, coa colaboración do Concello.