
Os dous son vítimas e acusados, propináronse moitos golpes que lles deixaron unha longa lista de feridas e secuelas
11 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Unha pelexa entre dous homes que estaban de madrugada nunha casa de Cedeira chegou esta semana a xuízo no Penal 1 de Ferrol. Os dous son vítimas e acusados, porque se propinaron moitos golpes que lles deixaron unha longa lista de feridas e secuelas.
Ambos estaban xuntos o 16 de maio do 2023 cando se desatou a furia: encerelláronse de tal xeito que remataron con marcas na cara e o torso, aínda que ningunha lles obrigou a pasar polo quirófano.
A Fiscalía considera que un é autor dun delito de lesións, mentres que ao seu opoñente lle imputa outro leve de lesións. En consecuencia, para un pide a pena dun mes e 15 días de multa cota diaria de sete euros ao día; para o outro solicita nove meses de multa, coa mesma cota diaria de sete euros. Ademais, terán que pagar os gastos xerados ao Sergas e proponse unha solución salomónica para as indemnizacións que lles correspondan: os dous implicados teranse que entregar, entre eles, 400 euros polas lesións.