En Cedeira, onde a poesía emociona e integra ao alumnado do IES e do CEIP

A. CUBA CEDEIRA / LA VOZ

CEDEIRA

<span lang= gl >Alumnado de 3.º e 4.º de ESO, nunha interpretación do tema «Cedeira», da cantante local Guadi Galego</span>
Alumnado de 3.º e 4.º de ESO, nunha interpretación do tema «Cedeira», da cantante local Guadi Galego CEDIDA

No certame de poesía escénica participaron 140 estudantes, desde Infantil a Bacharelato, en 21 grupos

30 mar 2025 . Actualizado a las 12:29 h.

Teatro de sombras, poemas musicados, representacións teatrais, danza, montaxes audiovisuais... O IES Punta Candieira e o CEIP Nicolás del Río, de Cedeira, volvéronse xuntar para festexar o Día da Poesía, cun certame de poesía escénica no que participaron 140 estudantes dos dous centros, en 21 grupos. A actividade, ideada polos equipos de dinamización da lingua galega e a biblioteca escolar, contribuíu «á integración de todo o alumnado e a posta en valor da educación emocional e da nosa lingua».

Destaca o carácter interdisciplinar desta proposta. «Abórdase dende a expresión das emocións á oralidade, a lingua galega, o traballo en equipo, a creatividade...». Todo dende os máis pequenos, de Infantil, ata os maiores, de Bacharelato.

Este ano elixiron obras de Celso Emilio Ferreiro, Guadi Galego, Antonio Fraguas, Antonio Suárez Aneiros, Antonio García Teijeiro, Rosalía de Castro, Espronceda, Elvira Ribeiro Tobío ou Ana María Fernández. Foi antes do 27, nunha mañá de convivencia interxeracional no auditorio municipal, «cun abano de interpretacións moi amplo do que todos gozaron».