O Arousa inicia unha semana clave na que pensar pouco e facer o que di Lemos

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

AS SOMOZAS

CARMELA QUEIJEIRO

O técnico traballa o equipo priorizando o rival; hoxe, un necesitado Somozas. O cadro xuvenil segue adiando a salvación na División de Honor

13 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Tercera Federación abre esta fin de semana o seu treito final cun carrusel de tres partidos nun prazo de entre oito e nove días para os seus 18 equipos. No caso do Arousa, recibindo na Lomba hoxe ás 19 horas o necesitado Somozas e o xoves o Viveiro, para rematar visitando o Gran Peña o Domingo de Resurrección.

E iso, resucitar, é o que ansía facer o conxunto vilagarcián, confiado na idea de que, de gañar estes tres encontros consecutivos, a perspectiva de volver entrar na zona con dereito a xogar a vindeira fase de ascenso será unha realidade. Así o cre o dianteiro Álex Compa e o seu adestrador, Lemos, que onte compareceron en rolda de prensa na véspera do duelo co Somozas.

«Hay que ganar este domingo, y a partir de ahí, crecer», declara o técnico santiagués. Unha misión que encara lonxe do punto de partida idóneo. En primeiro lugar, porque, confesa, «veo a los jugadores preocupados, a veces con algunas dudas».

Ante esta situación, e tras pechar os dous primeiros partidos da era Lemos cun só punto no seu haber, o preparador salienta que a clave para poder volver pensar no obxectivo marcado polo club ao inicio da temporada, do que está convencido se pode conseguir, pasa por «creer mucho en nosotros mismos. Son momentos en los que tienes que agarrarte al grupo, al equipo, a una idea, e ir con ella sin dudar nada».

Ante a falta de tempo para traballar a fondo na transformación do equipo no que quixera Lemos, este aposta por levar da man os seus pupilos, tentando reducir ao mínimo o seu grao de incerteza nos partidos: «Estamos dando herramientas inmediatas a los futbolistas, para que piensen lo menos posible, que ejecuten, que tengan claro qué hacer, y a partir de ahí, crecer». É por iso que, recoñece o técnico arlequinado, «en el rival de cada partido pensamos, incluso un poco más de lo que a mí me gustaría, porque al equipo hay que enfocarlo a lo que se va a encontrar ahora mismo, en dibujarle un escenario posible de lo que va a pasar, o varios escenarios posibles, y trabajar sobre ellos, no tanto en nosotros, que también. Porque es importante que tengan soluciones y herramientas para competir mejor con lo que tienen enfrente».

No caso desta tarde, Lemos fala dun Somozas «con futbolistas con buen pie, con velocidad por fuera, con un nueve que juega bien de espaldas» e que «viene de romper una dinámica negativa de resultados frente a un rival que se juega también el descenso como ellos, el Arteixo». Con todo, o Somozas, décimo terceiro, ten os mesmos 30 puntos co Valladares, o equipo que abre a zona de descenso directo á Preferente.

O adestrador do Arousa sinala que o mellor camiño para someter o seu rival desta tarde pasa por «tener mucho tiempo el balón y hacerle trabajar sin él, porque por ahí pueden sufrir».

Lemos está convencido de que conseguir este domingo a primeira vitoria da súa etapa «desatascaría mucho las cabezas de los futbolistas y nos ayudaría». Porque, engade, «el equipo está mentalizado de que 21 puntos —os que restarían por xogar— dan para muchas cosas. Los finales de liga son complicados para todos, incluso para los que parece que lo tienen todo hecho».

Sobre o feito de xogar na casa, onde o Arousa se está a amosar este ano un equipo menor, Lemos díxolles o venres os seus homes: «Aquí solo se puede pensar en hacer las cosas bien. Y una vez salgan bien, van a repetirse, seguro».

Os xuvenís complícanse a vida tras perder na casa co penúltimo da DH Juvenil

O Arousa segue empeñado en non pechar a permanencia na División de Honor Juvenil, encadeando a súa terceira derrota consecutiva fronte a rivais asequibles, mesmo netamente inferiores sobre o papel. Como o Real Avilés Industrial, que saíu de Vilagarcía con 3 puntos, pero sen abandonar o penúltimo posto da clasificación e, con el, o grupo de tres equipos en zona de descenso.

O Arousa non soubo plasmar a superioridade do seu xogo con demasiadas ocasións de gol, e na segunda metade viuse sorprendido por un par de contras, materializadas en gol por Hugo Alonso e por David Martínez entre os minutos 59 e 71 de partido. Tan desacertado estivo o equipo que dirixe Adrián Tobío, que ata Pedro Bouzada fallou un penalti, estrelando o balón contra a trabe da portería avilesina.

FICHA DO PARTIDO:

AROUSA (0): Adrián, Iván Varela (Iker, min 75), Juan Diego, Paulo, Úbeda (David Piñeiro, min 75), Sindo, André Piñeiro, Pedro Bouzada, Raúl (Beltrán, min 88), David Sánchez (Yago, min 58) e Yeray.

REAL AVILÉS INDUSTRIAL (2): Boquizo, Peláez, Macías (Barroso, min 78), Gonzalo García (David Martínez, min 62), Palacio, Mateo Álvarez, Pelayo Cuesta, Cimadevila (Nicolás Rodríguez, min 82), Hugo Alonso (Nacho Puente, min 78), Iyan Menéndez (Pablo Méndez, min 78) e Lucas de Vicente. 

GOLES: 0-1, min 59: Hugo Alonso. 0-2, min 71: David Martínez.

ÁRBITRO: Pablo García López-Arias. Amonestou o xogador local Yago e os visitantes Hugo Peláez e Boquizo.