As Pontes mellora a seguridade viaria na AC-564, ao seu paso por Goente

LA VOZ AS PONTES

AS PONTES

CEDIDA

O alcalde anuncia unha senda ata o cemiterio dAs Corredoiras

26 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O alcalde, Valentín González Formoso, e o edil de Obras, Roberto Rivera, supervisaron o avance das obras de mellora de servizos e seguridade viaria na estrada AC-564, en Goente. O rexedor destacou a importancia desta intervención para «a mellora da calidade de vida da veciñanza» e anunciou unha senda de Goente ao cemiterio dAs Corredoiras.

Do proxecto de mellora do vial, á parte de renovar e ampliar a beirarrúa da marxe dereita, «inclúe a creación dunha nova rede de saneamento con pozos de acometida e de rexistro, o desdobre da rede de abastecemento para separar a liña xeral da rede municipal da liña de repartición domiciliaria, e a instalación de canalización para o alumeado público, con arquetas de rexistro».

Tamén se instalarán pasos de peóns con baldosa regulamentaria e renovarase a sinalización horizontal e vertical, así como o mobiliario urbano.