Concentración de traballadores de Einsa contra o despedimento colectivo, en Ferrol

LA VOZ AS PONTES

AS PONTES

CEDIDA

O comité fala de «ERE fraudulento» por parte da empresa da planta dAs Pontes

26 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Os traballadores de Einsa Print, dAs Pontes, concentráronse onte diante do edificio da Xunta en Ferrol para mostrar o seu rexeitamento «rotundo ao novo despedimento colectivo que pretende aplicar a empresa». O presidente do comité Antonio García, falou de «ERE fraudulento».

Denunciou que «hai escasos 15 meses, a empresa xa executou outro ERE por causas organizativas e produtivas no que marcharon 120 compañeiros e compañeiras».

O representante dos traballadores lembrou que «existía un acordo de mantemento de emprego até o 31 de decembro de 2026, cun plan de viabilidade para que a empresa axilizara a entrada de novo traballo».