
Celébrase este domingo no parque Rosalía de Castro
10 jul 2025 . Actualizado á 06:43 h.Marcas emerxentes do deseño na ría de Ferrol únense este domingo na primeira edición da Mostra Pop-Up, que se celebra en Ares.
Organizada por Concello e Martobags, terá lugar no parque Rosalía de Castro con roupa, accesorios e xoiería.
Desde as 11.30 ás 22.00 horas participan Cristina G. Permuy, Studio Grelo, Bestas, Marea Sunset, Emma Bracelets Jewelry, Waves, Alma Diversa, Meraki Brand, Betrayed Clothing ou Emma Clothes Fashion.