Caamouco organiza unha exposición virtual sobre a experiencia da viaxe a Cuba

La Voz ARES

ARES

Elena Bouza

A mostra inaugurarase o luns

06 jun 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A través de Internet os visitantes virtuais da exposición De Caamouco a Cuba poderán vivir a experiencia dos membros da Sociedade Instructiva de Caamouco, que realizaron o ano pasado unha viaxe a Cuba para coñecer aos antepasados do municipio. Trátase da primeira exposición virtual que promove a entidade e recolle unha selección de fotografías por algúns dos lugares máis emblemáticos do país caribeño, onde se detivo en expedición Caamouco. O carácter da mostra é colaborativo: gran parte das persoas que participaron na viaxe querían axudar, achegando as súas, indican desde a sociedade. Inaugurarase o luns.