De costas

Nona Inés Vilariño A miña BITÁCORA

FERROL

Jesús Hellín | EUROPAPRESS

Acabo de ver O instante máis obscuro película que narra un momento concreto da actuación de Churchill como primeiro ministro, ao comezo do seu mandato, cando se discutía sobre unha posible negociación cun Hitler arrasador, que evitaría a invasión de Gran Bretaña.

A película impactoume. E busquei o instante máis obscuro (polo seu significado) da nosa actualidade. Nunca neguei que a Política me apaixona, pero hoxe sento un profundo rexeitamento cara á perigosa deriva que leva (electores e elixidos temos responsabilidade aínda que non no mesmo grao) e lamento a nosa aceptación de: a mentira; a mercadotecnia; a conversión do Parlamento en instrumento irrelevante etc. que poderían ser parte importante da folla de ruta da demolición do Estado, que xa se move sobre un campo de minas…

E o instante é: o presidente do Goberno de España, de costas, abandonando o hemiciclo do Congreso en pleno debate sobre a Pandemia! Que alguén me dea voluntariamente as costas, cando lle falo, me entristece e paréceme un xesto de desprezo. Pero esta espaldada presidencial é moito máis que un xesto de menosprezo. É un: seguide debatendo… Crédesvos un poder real, pero o Poder son eu e as miñas inesgotables posibilidades de pagar apoios a… dereita e esquerda. Isto pensaba ao gozar ese instante no que Churchill sóbese a un vagón de metro para preguntar, cara a cara, aos cidadáns que pensan sobre a decisión que debe tomar nunhas horas… E coas súas sabias reflexións coseu na súa costas ás para sobrevoar o abismo… Sánchez só quere: un paracaídas.