Desde mariachis a merenda para maiores: a comarca de Ferrol celebra o luns de entroido
FERROL
Haberá festa infantil en Pontedeume e concurso de disfraces con desfile en Ortigueira
16 feb 2026 . Actualizado á 11:56 h.Distintos municipios de Ferrol, Eume e Ortegal programan para este luns de entroido actividades festivas. En Pontedeume haberá pasacalles mariachi cOs Rancheiros ás 13.00 horas e ás 18.00, hora á que comezará a festa infantil de entroido na alameda de Raxoi, con obradoiros, inchables, música e degustación de doces. En Ortigueira celebrarase o agardado concurso de disfraces, con desfile ás 21.00 horas desde a biblioteca municipal ata a Praza de Isabel II. Cedeira programa unha verbena na Praza Roxa a partir das 23.30 horas co conxunto Salsarena. Cariño propón animación infantil, con inchables, xogos e talleres na carpa da Praza Roxa, de 16.30 a 19.30 horas; pasacalles coa charanga Santa Compaña (21.30 horas), e sesión nocturna co DJ Miguel GZ á unha da madrugada. E en Mugardos haberá unha merenda para veciños de máis de 60 anos no local social de maiores (18.00 horas).