O xoves no Torrente
22 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.Cáritas Diocesana de Mondoñedo celebra mañá o acto central da Campaña de Persoas sen Hogar, unha iniciativa que busca visibilizar a situación das persoas sen casa. Será no Torrente Ballester e comezará ás doce da mañá coa lectura do manifesto da campaña, á vez que Cáritas de toda España.
Ademais, inaugurarase a exposición fotográfica con imaxes da fotógrafa Lúa Ribeira, quen colabora como voluntaria no programa de persoas sen fogar de Cáritas, e proxectarase un vídeo con testemuños de persoas participantes. A exposición estará dispoñible ata o 30 de outubro no Centro Torrente Ballester.