O comité de Einsa Print impugnará na Audiencia Nacional o ERE

LA VOZ AS PONTES

FERROL

Esgrime a falta de xustificación por parte da empresa dAs Pontes

17 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O comité de Einsa Print impugnará o expediente de regulación de emprego (ERE) presentado pola empresa dAs Pontes, «porque carece de xustificación e vulnera os dereitos dos traballadores».

«A propia autoridade laboral cuestiona as causas, o procedemento e as formas, xa que a empresa non presentou documentación que acredite os supostos contratos perdidos nin os cálculos económicos», aduciu Vicente Vidal, secretario comarcal de CIG-Industria.