Lola Herrera, Natalia Dicenta, Carlos Blanco e Touriñán chegan ao teatro de Narón

Patricia Hermida Torrente
P. Hermida NARÓN / LA VOZ

FERROL

Touriñán e Carlos Blanco, con  Somos criminais e punto final
Touriñán e Carlos Blanco, con Somos criminais e punto final MARTINA MISER

O Pazo da Cultura volve a traer aos mellores intérpretes do país

19 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Cunha programación de luxo chega o Pazo da Cultura este outono a Narón. Desde Lola Herrera e Natalia Dicenta, ata Touriñán e Carlos Blanco, por aquí continuarán pasando os mellores intérpretes do país.

O 27 de setembro chegan ao Pazo Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco con Somos criminais e punto final. As entradas están dispoñibles desde 15 euros, para unha obra coa seguinte premisa: falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo e de Galicia parte unha especie de Arca de Noé cuns poucos elixidos capitaneados por Blanco e Touriñán. Trátase da culminación dun dos espectáculos máis exitosos dos últimos tempos en Galicia.

Obras de emigración

O 3 de outubro, represéntase o clásico moderno Un deus salvaxe escrito por Yasmina Reza e levado ao cine por Polanski: onde se abordan as relacións entre dúas familias de pais supostamente civilizados tras un incidente entre os seus fillos. O 11 de outubro a cita é con Me llamo Suleimán sobre a dureza da emigración.

E o 17 de outubro, con entradas a partir de 12,6 euros, un mito do teatro como Lola Herrera actuará xunto á súa filla Natalia Dicenta para dar voz á obra El camino a La Meca: unha historia inspirada na vida de Helen Martins para falar de liberdade e desexos.