As Pontes recibe aos veciños de Lesneven, nun capítulo máis do seu irmandamento
AS PONTES / LA VOZ
FERROL

Lazos de afecto que unen a Galicia coa Bretaña francesa
31 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Concello dAs Pontes deu o pasado martes a benvida oficial á delegación da vila bretoa de Lesneven, no marco do tradicional intercambio cultural promovido polos comités de irmandamento de ambas as localidades.
O acto institucional estivo presidido polo alcalde pontés, Valentín González Formoso, acompañado pola concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, e membros da xunta directiva da Irmandade As Pontes ? Lesneven, encabezada por Sara Ramos. Durante a súa intervención, González Formoso destacou «a importancia desta relación de irmandamento que cumpre case 40 anos, unindo dúas comunidades de raíz celta e comprometidas cos valores europeístas». Tamén quixo lembrar a figura de Antón Ferreiro, «un dous grandes impulsores deste vínculo».