
A empresa pediu ao Igape e a Xesgalicia que lle concedesen un crédito participativo
12 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.O deputado do BNG, Ramón Fernández, reclamou á Xunta que interveña para solucionar a crise da empresa Guidoni Quartz, situada no polígono dAs Lagoas, en Narón, que anunciou un expediente de regulación temporal de emprego que afectará aos seus 122 traballadores. A través dunha pregunta na comisión de Industria do Parlamento, o deputado nacionalista pola comarca advertiu da «situación crítica» na que se atopa a empresa.
Avanzou que a compaña busca financiamento e que, para iso, chamou á porta da Xunta. Nese sentido, a CIG informou de que o comité de empresa de Guidoni reuniuse hai uns días no Igape coa súa directora xeral, Covadonga Toca, e o de Xesgalicia, Raquel Rodríguez. Ambos confirmaron que a empresa solicitou un crédito participativo.