Ares lanza os seus campamentos e outras actividades de verán para gozar da natureza
FERROL

As inscricións xa se abren o 2 de xuño
31 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Para gozar do período estival polas súas praias e outras paraxes naturais, Ares presentou onte a súa programación de lecer para os próximos meses. Co nome de VeraneAres Deportivo 2025, inclúe campamentos urbanos, xogos en Cervás e Chanteiro, e o programa de Xuventude Verán Activo.
A programación desenvolverase en xullo e agosto, repartida por quincenas. As inscricións ábrense do 2 ao 12 de xuño para empadroados, e do 16 ao 20 para non empadroados. Os campamentos deportivos urbanos para nenos de seis a doce anos contribuirán á conciliación, en horario de mañá de luns a venres de 10.00 a 13.00. Celebraranse no pavillón municipal, a pista cuberta do CPI As Mirandas e en espazos exteriores como prazas, parques e praias.
Os xogos serán no centro cultural Outeiro Cervás-Chanteiro, para nenos de catro a nove anos. E os adolescentes de 12 a 16 anos terán padelsurf, kaiak, voleyplaya ou danzas urbanas.