A Xunta licita obras en viarias de sete concellos da comarca por 1,5 millóns

LA VOZ FERROL

FERROL

CÉSAR TOIMIL

Infraestruturas actuará nas estradas AC-110, AC-564 e AC-566

02 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade sacou a concurso obras de mellora do firme en viarios autonómicos da comarca por 1.494.656 euros. Os traballos executaranse na AC-110, nos concellos de Cerdido , Moeche e As Somozas.

Segundo figura na plataforma de contratación, tamén intervirán na AC-564, polos municipios da Capela e As Pontes; e na AC-566, en territorio de Valdoviño e Cedeira.

O departamento autonómico indica que as obras consistirán «na rehabilitación localizada do firme, co fresado e a reposición da capa de rodaxe, para mellorar as condicións de circulación en treitos destas tres estradas, completando as obras co repintado das marcas viarias». A licitación publicouse no Diario Oficial de Galicia de onte.