Brais Lorenzo capitanea o taller de fotografía documental do Festival de Ortigueira

A. C. ORTIGUEIRA / LA VOZ

FERROL

Un momento del taller de fotografía de 2018, con Tono Arias (de espaldas)
Un momento do taller de fotografía de 2018, con Tono Arias (de costas) CEDIDA

Xa só queda unha praza libre no taller que organiza o colectivo Galioart

09 jul 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Brais Lorenzo, premio Luis Ksado 2023, estará a cargo do taller de fotografía documental que promove o colectivo Galioart, dentro do Festival de Ortigueira, con apoio da organización. Xa só queda unha praza por cubrir (inscrición en galioart.fotografia@gmail.com ou chamando ao 652 659 387). Na web do colectivo pódese consultar a información do curso.

O taller lanzouse en 2016 e xa contou con Alberte A. Pereira, Xulio Villarino, Tono Arias e Eutropio Rodríguez. «Buscamos fotógrafos documentalistas galegos con traxectoria como docentes, que trasladen aos participantes uns obxectivos para desenvolver ese ano [no transcurso do festival]», explica Jesús Manuel Giz Novo.

Hai quen repite a experiencia de moverse coa cámara polos distintos escenarios polos que discorre o Mundo Celta, para logo compartir o seu traballo co resto do grupo.