O BNG acusa a Matogueira de incumprir o pacto para aprobar os orzamentos de Ferrol

La Voz FERROL

FERROL

R.P.P.

Entre os compromisos atopábase a cuadrilla municipal de rozas no rural, a recuperación da casa de Carvalho Calero ou a creación dun parque infantil cuberto

19 abr 2022 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG denuncia o incumprimento de todos os acordos alcanzados co goberno local para aprobar os orzamentos municipais en vigor, os do 2021. «O seu grado de execución é do 0 %», sostén a formación, que responsabiliza diso ao alcalde, Ángel Mato. A voceira municipal nacionalista, Iván Rivas, lembra que o acordado era crear un servizo municipal de rozas na zona rural, reclamar a Urbaser unha débeda de máis de 300.000 euros, recuperar a casa de Carvalho Calero, rehabilitar o mercado de Recimil, crear un parque infantil cuberto, recuperar o parque do Montón e realizar pequenas obras de mellora en viais. E critica que «paralizar a execución destas iniciativas supón regresar á política de contención do gasto público que imperaba no Concello desde o 2012».

O BNG cualifica de «curioso» que o goberno avance que traballa na elaboración dos orzamentos deste ano e que «non faga un exercicio de reflexión» sobre o incumprimento dos proxectos incluídos nos do 2021.