«A Anunciación»

Francisco Canoura PROFESOR DO IES S. DE MADARIAGA (A CORUÑA).

ESCOLA

-

Esta obra de Fra Anxélico, dos anos 1430-1432, fainos partícipes do encontro entre dúas figuras con halo.

21 oct 2026 . Actualizado á 20:25 h.

Fran Angélico foi un frade dominico que pintou moitos frescos e retablos. A finura das súas liñas e o seu emprego da luz e a cor inspirou a moitos artistas, como Piero della Francesca. A escena dA Anuniación transcorre nun pórtico e fainos partícipes do encontro entre dúas figuras con halo, as dúas teñen a mesma postura, cabeza inclinada e brazos en cruz. Esta escena representa un dos momentos clave da tradición cristiá, cando o arcanxo Gabriel anuncia á Virxe María que vai ser nai de Cristo. O feixe de luz divina acada a María iluminando o seu manto dun intenso azul e a súa túnica de tons rosados. Alén, o arcanxo Gabriel vestido con tons similares á túnica da Virxe. As súas ás, dunha factura exquisita, proxéctanse fóra da escena, sinalándonos un episodio do Xénese (a expulsión de Adán e Eva do xardín do Edén). Destacan o uso da luz, as cores, posturas naturais e o dominio da perspectiva a través da arquitectura real.

1. Pecadores

Adán e Eva, nunha situación atrasada con respecto ao pórtico. Están abatidos, son expulsados do paraíso, despois de perder a graza divina. Aos seus pés, no chan, a froita prohibida. Fra Anxélico está a lembrarnos que Cristo veu ao mundo para redimir os nosos pecados.

2. Deus é a luz

Este feixe de luz que corta a escena en diagonal é a presenza de Dios. Xorde dunhas mans na esquina superior esquerda. A través do feixe de luz aparece a pomba, símbolo do Espírito Santo.

3. Deus todo ver

Sobre a enxoita central do pórtico, aparece un relevo dun home barbado. É Deus pai que todo o ve.

4. Resurrección

A andoriña posada sobre o capitel central do pórtico, probablemente simboliza a resurrección de Cristo. Cristo morre e resucita, así como a andoriña desaparece e regresa na primavera.

5. Enmarcado

O arcanxo Gabriel ten un halo relucente que lle rodea a cabeza, feito con pan de ouro moi traballado. Está a subliñar a súa divindade. En actitude respectuosa, mira cara a María. Cada figura enmarcada nun arco de medio punto.

 

6. Beleza

Fra Anxélico pedresa con gran delicadeza o rostro da Virxe María, o que denota a destreza do mestre na pintura de miniaturas, era un grande iluminador. O seu xesto coas mans entrelazadas, móstranos o seu carácter submiso á vontade divina.

7. Ángel e home

O arcanxo Gabriel ten forma humana e Fra Anxélico por contraste, a través das súas ás, identifícao como un ser anxélico. Con plumas moi ben representadas e de grande envergadura.

8. Perspectiva

Nesta obra, Fra Anxélico emprega a perspectiva lineal. Convéncenos de estar nun verdadeiro espazo tridimensional. O tamaño das columnas corintias decrece, do mesmo xeito que os arcos da bóveda estrelada. Tras a porta hai unha pequeno cuarto cunha fiestra. De todos os xeitos aínda non ten un punto de fuga único, polo que a perspectiva está aínda incompleta.

9. Recordo medieval

Rica vexetación, para describir o Xardín do Edén. Lémbranos a un tapiz medieval, lembrándonos a influencia gótica de Fra Anxélico. A obra pintou a principios do século XV, no Renacemento italiano, con esa referencia ao estilo anterior.