O Ministerio de Agricultura decretou o confinamento de todas as galiñas e aves de corral de toda España, a causa un empeoramento da gripe aviaria en Europa, onde hai 139 focos en aves de curral e 708 en silvestres, e prevendo que as aves destes países atravesarán pronto a península ibérica nas súas viaxes migratorias. A decisión non ten, por agora, data final, e semanalmente irase avaliando o perigo de contaxio ata que se poida empezar a aplicar unha redución gradual do confinamento.
A orde non só prohibe a nena de aves ao aire libre en todas as granxas avícolas, incluídas as explotacións ecolóxicas e as de autoconsumo ou as que produzan carne e ovos para a súa venda directa ao consumidor, senón tamén as concentracións e feiras destes animais, aínda que deixa liberdade ás autonomías para que, sempre que se garantan as medidas de seguridade, poidan facer excepcións. Outros requisitos que terán que cumprir os criadores ou gandeiros é que non poderán criar patos e gansos con outras especies de aves de curral nin dar ás aves cativas auga que proceda de depósitos aos que poidan acceder as aves silvestres.
Desde Agricultura lembran que aquelas explotacións profesionais que sufran un brote de gripe aviaria terán dereito a unha indemnización, pois o protocolo obriga a sacrificar todos os animais que haxa nelas. Pero estas axudas non se estenderán aos pequenos galiñeiros de autoconsumo.
Ter que encerrar as galiñas non implicará perder a acreditación de ovos campeiros ou ovos de galiñas criadas en liberdade, pois a lexislación xa contempla que poida haber excepcións cando se tomen este tipo de medidas.