
La Voz de Galicia, en colaboración con ENCE, puxo en marcha a comezos de abril do 2025 o programa de charlas Xornalismo vs. Fake News, destinado a alumnos de educación secundaria (ESO, FP ou bacharelato) de toda a comunidade autónoma, e centrado na loita contra a desinformación en redes sociais.
As charlas duran sobre unha hora e nelas faise un repaso pola historia dos contos e as conspiracións, e á vez danse exemplos recentes de noticias falsas que afectan a catástrofes (como a dana) ou a emerxencias (como o apagamento). E ponse o acento en como circulan os contidos por unhas redes sociais que só teñen en conta a viralidad, e non a veracidade ou a calidade, con exemplos de figuras públicas como Taylor Swift, Leo Messi, Lamíne Yamal, David Broncano ou Melendi.
Se queres consultar algún artigo anterior ao curso 2025/26, PICA AQUÍ.