O esforzo financeiro para comprar un vivenda en Galicia sobe ao 26,7% do salario no primeiro trimestre
ECONOMÍA

En canto ao esforzo financeiro a 20 anos, aumentou dúas décimas, ata o 30,7% segundo datos do IGE
30 jun 2025 . Actualizado á 13:42 h.O esforzo financeiro, medido como a porcentaxe do salario que unha persoa ten que destinar ao pago do préstamo hipotecario, aumentou ao 26,7% en Galicia no primeiro trimestre de 2025, unha décima máis que os tres meses anteriores.
En canto ao esforzo financeiro a 20 anos, aumentou dúas décimas, ata o 30,7%, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) deste luns.
Pola súa banda, a exposición ao risco defínese como o cociente entre o prezo medio dunha vivenda e o prezo máximo que se pode permitir pagar unha persoa por unha vivenda para que non teña que destinar máis dun terzo do seu salario ao pago do préstamo hipotecario, expresado en tanto por cento.
Se o indicador é superior a 100, reflicte que o asalariado medio está sobreexposto ao risco. No primeiro trimestre de 2025, a exposición ao risco elevouse no medio punto na comunidade galega e acadou un 80,5%. A 20 anos, crece tamén no medio punto, ata o 92%.