
O conselleiro delegado de Inditex, García Maceiras, está a axustar a cúpula da multinacional
16 may 2025 . Actualizado á 08:50 h.A multinacional téxtil afronta novos cambios. Javier Losada, director de Sustentabilidade de Inditex desde o 2019, deixará o seu posto proximamente. O cambio aínda non se produciu, e é probable que haxa un tempo de tránsito ata que se faga efectivo.
Óscar García Maceiras, conselleiro delegado de Inditex, está a axustar a cúpula, con cambios tanto relacionados coa substitución xeracional como polos marcados polas necesidades dos novos tempos.
Desde a chegada de García Maceiras saíron da alta dirección Jesús Echeverría, Pablo del Bado, Carlos Crespo e Javier Moneo.