Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Charlas e unha gala en Cruzamentos para a investigación do DIPG

La Voz LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

Rocío Ramos

07 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Os estudantes do colexio de Cruzamentos asistiron onte a unha charla impartida pola presidenta da Fundación Martín Álvarez Muelas, Isabel Muelas, sobre o labor que realizan para a investigación e mellora de tratamentos do cancro infantil e especialmente o DIPG, que padecía Lara, a nena cruceña recentemente falecida. Hoxe, Isabel Muelas, que está a divulgar nos centros educativos o traballo da fundación, impartirá outra charla no instituto Marco do Camballón.

Baixo o título de Por unha esperanza, o ANPA do colexio de Vila de Cruzamentos celebra mañá sábado, a partir das 19.30 horas, unha gala solidaria a favor da fundación no Auditorio de Cruces. Será presentada por Mercedes Seixo e contará coas actuacións de Isi, Eva Iglesias, o mago Deimi e a actuación da compaña de teatro Amorodio, así como un concerto conxunto das bandas Artística de Merza, a de Pontelesma e a de Muimenta.