
16 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Na residencia de maiores de Silleda festexábanse onte os 102 anos da súa usuaria máis veterana. Luisa Mendoza García, natural da parroquia cruceña de Bodaño, compartía unha comida especial polo seu aniversario con boa parte da súa ampla familia. Nai de oito fillos, ten doce netos e cinco bisnietos, gozando de gran lucidez aínda que padece problemas de mobilidade. Luisa destaca polo seu gran sentido do humor, sempre dando respostas enxeñosas. A rexedora, Paula Fernández, xunto á concelleira de Bestar, Ángela Troitiño, xunto ao persoal do centro, quixeron felicitar a esta centenaria en nome de todos os veciños silledense.