A Deputación destina 50.000 euros a cinclo clubs da Estrada, Lalín e Silleda

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

14 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra anunciou o envío de 50.000 euros a cinco clubs deportivos da Estrada, Lalín e Silleda que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En liñas xerais, son 76 as entidades de 24 concellos da provincia que se benefician desta liña de axudas dotada con 900.000 euros.

En Deza e Tabeirós-Terra de montes benefícianse desta subvención o CD Estradense e o Club de Tenis Recreo Cultural na Estrada; o Balonmán Laín e o Extol, de Lalín; e o RG Bikes Scott Team, en Silleda. Estas entidades recibirán contías que oscilan entre os 1.877 e os 25.000 euros. «Este é un goberno comprometido co deporte e avanza, de xeito imparable, para converter Pontevedra na provincia do deporte», declarou o presidente da Deputación, Luis López.