Ruta Cabalar en Silleda cunha cea de confraternidade

La Voz

SILLEDA

06 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

En Silleda vívese hoxe a quinta edición da Ruta Cabalar, con saída ás 16.00 desde o recinto feiral de Semana Verde. Haberá unha parada para degustar uns petiscos durante o percorrido e ás 22.00 horas unha cea de confraternidade, con actuación musical a cargo de Raquel Pallares.